A
Área de Emprego da Universidade de Vigo ven de organizar a segunda edición do
curso INICIATIVA EMPRENDEDORA - Proceso de creación de empresas que
está promovido polo Ministerio de Industria Energía y Turismo, así como
o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e impartirá a Escuela de
Organización Industrial no Campus Universitario de Vigo.
O
curso, completamente gratuito, está destinado a persoas matriculadas no
curso 2013/2014 nunha titulación oficial da Universidade de Vigo con prioridade
para os alumnos que estean cursando un programa de Máster.
Trátase
dun programa de alcance nacional, orientado a fomentar a iniciativa emprendedora
na universidade e pretende amosar aos alumnos universitarios a creación dunha empresa
como alternativa atractiva fronte ao emprego por conta allea, onde poidan
desenvolver o seu potencial creativo e innovador, á vez que lles dota das
ferramentas necesarias para estudar a viabilidade dunha idea de negocio.
A duración do mesmo é de catro semanas, sendo a data
prevista de inicio do curso o 7 de outubro.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o
vindeiro día 25 de setembro.
Máis información
e documentación: http://transferencia.uvigo.es/transferencia_gl/outros/index.html
0 comentarios:
Publicar un comentario