Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

Curso INICIATIVA EMPRENDEDORA - Proceso de creación de empresas

 A Área de Emprego da Universidade de Vigo ven de organizar a segunda edición do curso INICIATIVA EMPRENDEDORA - Proceso de creación de empresas que está promovido polo Ministerio de Industria Energía y Turismo, así como o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e impartirá a Escuela de Organización Industrial no Campus Universitario de Vigo.
O curso, completamente gratuito,  está destinado a persoas matriculadas no curso 2013/2014 nunha titulación oficial da Universidade de Vigo con prioridade para os alumnos que estean cursando un programa de Máster.
Trátase dun programa de alcance nacional, orientado a fomentar a iniciativa emprendedora na universidade e pretende amosar aos alumnos universitarios a creación dunha empresa como alternativa atractiva fronte ao emprego por conta allea, onde poidan desenvolver o seu potencial creativo e innovador, á vez que lles dota das ferramentas necesarias para estudar a viabilidade dunha idea de negocio.
A duración do mesmo é de catro semanas, sendo a data prevista de inicio do curso o 7 de outubro.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o vindeiro día 25 de setembro.