Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

SEMINARIO 8 OUTUBRO JIMMY PONS

O seminario deste luns NON SERÁ NA CEO, senón no SALÓN DE ACTOS VERMELLO DO AUDITORIO MUNICIPAL (Rúa Canle, 2).


Data: luns 8 de outubro
Hora: 09:00 e as 14:00h
Lugar: Salón de actos vermello do Auditorio Municipal (Rua Canle, 2)

Co motivo da posta en marcha do “Plan de Innovación Empresarial para Pemes Turísticas de Ourense 2012” o luns 8 de outubro entre as 09:00 e as 14:00  horas no Salón de actos vermello do Auditorio Municipal (Rua Canle, 2) terá lugar  o Taller de Formación  “ Innovación turistica

Programa da Xornada:09:00h Inicio da xornada
Introdución á innovación turística / Onde podo innovar na empresa / Exemplos de innovacións
Que é a creatividade e como fomentala na Peme
10:15h Descanso
10:30h  Adaptación da marca á era das redes sociais.
Consellos para ter unha web na era das redes sociais/ A reputación online. 
12:00h  Descanso
12:15h Introdución ás ferramentas na empresa para sacar o máximo proveito
Cloudcomputing documentos na nube como ferramentas colaboradoras/CRM 
14:00h Fin da Xornada

Docente: Jimmy Pons Traballou en varios proxectos, da man do ICTE (Instituto Calidade Turística Española), a Fundación Biodiversidade (dependente do Ministerio de Medio), Cadeas Hoteleiras como Barceló en Costa Rica e foi director do Hotel S'Algar en Menorca.
Colaborou na creación de varios proxectos relacionados coas redes sociais e a web 2.0. como: Comunidade de profesionais de Hosteltur, econred.es, post55.es, lapalma.es, experiencias.barcelonahotels.es, Madrid4you, etc.   Ata Novembro do 2010 foi Xefe de Proxectos do ITH, onde se dedicou dende a súa creación no 2004 a investigar en profundidade o tema da innovación, o que lle levou a participar como relator en multitude de eventos, tanto en Europa coma en Sudamérica, sobre medio, web 2.0 e innovación empresarial.
Foi o ideólogo e creador de Fiturtech e Hosteltur Innova, actualmente é estreito colaborador de Rumbo, na definición dun modelo de axuda á promoción e comercialización dos destinos (promocionalización) ademais de colaborar en multitude de proxectos con outras empresas ou entidades como: Socialtec.es, Hosteltur, ITH, CETT, Promperú, Turismo de Brasil, Universidade de Paraná, Proexport Colombia.