Con data do 16 de setembro de 2015, a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou a Orde pola que se
aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun
máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en
situación de desemprego, para o curso 2015-2016.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes
contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario
Oficial de Galicia.
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas, as
personas interesadas poderán facer as súas consultas no teléfono de información
012 ou no enderezo electrónico: 012@xunta.es
Se as dúbidas están relacionadas coa convocatoria, poderán facer as súas
consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Requisitos dos/das solicitantes:
a) Estar en posesión dun título universitario, expedido
con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013, que lle dá acceso aos estudos de
máster universitario.
b) Estar matriculado/a no curso 2015-2016 nun máster
universitario oficial, dun mínimo de 60 créditos.
c) Residir na Comuniade Autónoma de Galicia polo menos
nos tres últimos anos anteriores á data de publicación desta convocatoria.
d) Estar inscrito/a como demandante de emprego, durante
un período igual ou superior a 180 días no ano inmediatamente anterior.
e) Non estar incluídos nos casos de exención total da
matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 90/2015, do 18 de xuño (DOG nº 123,
do 2 de xullo).
0 comentarios:
Publicar un comentario