Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

PLAE. PROGRAMA LOCAL DE APOYO AL EMPLEO

Poñémonos en contacto, para darlles a coñecer e pregar a máxima difusión do PLAE, “PROGRAMA LOCAL DE APOYO AL EMPLEO”. Trátase dun conxunto de medidas e actuacións urxentes destinadas a mellorar as taxas de inserción laboral, mediante a formación e o fomento do espírito empresarial, axustándose ás necesidades e á realidade económica e empresarial de Ourense.
O “PROGRAMA LOCAL DE APOYO AL EMPLEO” de Ourense está cofinanciado polo Concello de Ourense, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense e o Fondo Social Europeo con cargo aos fondos do Programa Operativo “Adaptabilidad y Empleo”, do período de programación 2007-2013, asignados á Cámara de España, co obxectivo xeral de atraer máis persoas ao mercado laboral, facendo do traballo unha opción real para todos, fomentando a empregabilidade, a inclusión social e a igualdade entre homes e mulleres, impulsando especialmente a integración socio-laboral das mulleres, dos mozos, dos parados de longa duración, dos inmigrantes, das persoas con discapacidade e daquelas en risco de exclusión do mercado de traballo.
O Programa, iniciativa piloto no concello de Ourense, desenvolverase durante os meses de SETEMBRO e OUTUBRO.
Para mais información, poderán consultar a páxina web do programa: