Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

Con data do 28 de setembro de 2015, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación 
Universitaria, publicou a Orde pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria
 de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015-2016 nas universidades do
 Sistema universitario de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da 
publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas, as personas interesadas poderán 
facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no enderezo electrónico: 
012@xunta.es
Se as dúbidas están relacionadas coa convocatoria, poderán facer as súas consultas no 
enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es

Requisitos dos/das solicitantes:
a) Acreditar unha cualificación nas PAU ou noutras ensinanzas que lles permita o acceso 
unha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase 
específica.
b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de países terceiros,
 cando se acredite a condición de residente en España, e quedan excluídos os que estean en
 situación de estadía.
c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema 
universitario de Galicia no curso académico 2015-2016 dun mínimo de 60 créditos en 
ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao 
correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
e) Non estar incluídos nos casos de exención total da matrícula previstos no artigo 11 do
 Decreto 90/2015, do 18 de xuño (DOG nº 123, do 2 de xullo).
f) Que a renda da unidade familiar non supere os limiares establecidos na presente 
convocatoria.
g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.
     
Pode consultalo en https://seix.uvigo.es/uv/web/avisos/aviso/show/4803