Para aqueles que estedes interesados, do 2 ao 20 de marzo, poderedes ver na Sala de Exposicións da Deputación de Ourense, a exposición "Historia dos Balnearios de Galicia", a mesma que agora mesmo se está a presentar no Colexio Fonseca.
"A exposición presenta a historia, riqueza e as potencialidades dos balnearios de Galicia, comunidade onde se sitúa unha das maiores concentracións de augas termais de Europa.
A mostra céntrase nun percorrido pola historia do termalismo e as súas particularidades, arrancando co resurximento dos balnearios galegos na época da Ilustración, os balnearios liberais, Restauración e Belle Époque, Ditadura de Primo de Rivera, República e posguerra, e a recuperación destes establecimentos durante a transición" (fonte: http://www.compostelavirtual.com/noticias/historia-de-balnearios-de-galicia-448.html)
0 comentarios:
Publicar un comentario