Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

Participa na enquisa anual sobre carreiras e traxectorias profesionais

Por segundo ano consecutivo, a Universidade de Vigo, conxuntamente co
Berlín
, participa na realización da enquisa anual sobre carreiras e traxectorias profesionais, Graduate Barometer Europe (GBE) 2011.
A nosa universidade é unha das máis de 850 universidades que toma parte na dita enquisa. As preguntas refírense ao grao de satisfacción cos teus estudos e que expectativas profesionais tes. A enquisa recolle opinións de estudantes de toda Europa e explora as diferenzas e similitudes que existen entre países.
Realízase de xeito online e é rápida e doada de encher.
Para participar, simplemente tes que premer a seguinte ligazón:
Unha vez completada a enquisa, podes comparar as túas respostas coa media dos estudantes europeos.
Ademais, para fomentar a túa colaboración, ofrécenche a oportunidade de gañar un importante premio.
As túas respostas serán anónimas e os teus datos quedarán legalmente protexidos. Para participar no sorteo, unha vez terminada a enquisa con respostas anónimas, preguntaráseche se queres entrar no sorteo, co cal podes introducir voluntariamente o teu enderezo de correo electrónico, sen que este apareza en ningún momento en relación cos datos do estudo.