A Fundación Pedro Barrié de la Maza convoca a súa vixésima segunda edición do programa de bolsas de posgrao no estranxeiro para a ampliación de estudos e estadías de investigación (máster, doutoramento e estadías postoutorais) en EEUU, Europa (agás España) e Asia.
Trátase dunha proposta de 32 bolsas: 10 para EEUU; 20 para Europa e 2 para Asia, con dotacións competitivas cos mellores programas de bolsas internacionais e entre as máis altas das convocatorias españolas. É unha convocatoria aberta a calquera especialidade, non obstante darase prioridade aos proxectos que se consideren de maior impacto potencial para Galicia. As bolsas diríxense a titulados e estudantes altamente motivados para completar un proxecto de formación de posgrao e vencellados a Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2011. As bases completas e formularios de solicitude pódense consultar na web www.fundacionbarrie.org
0 comentarios:
Publicar un comentario