Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

PARABÉNS DRA. BLANCO

Como algúns xa saberedes, este programa de mestrado, Dirección e Planificación do Turismo, tivo vinculado un programa de doutoramento. Actualmente aínda que xa non se oferta, quedan algúns alumnos rematando as súas teses a través deste programa. 

O lembrar hoxe este tema débese  a un acontecemento que tivo lugar esta semana, acontecemento que á coordinación do master nos fai moita ilusión e a min persoalmente moitíííísima máis. 
O pasado xoves defendeu a su tese a que agora xa chamaremos Dra. Blanco. Lidia foi alumna da primeira promoción do master, da primeira promoción do doutoramento, profesora na nosa facultade, e actualmente profesora convidada no noso master, compañeira e sobre todo amiga. Detrás desta tese que dalgunha forma se materializou esta semana, hai moitos anos de esforzo e traballo (cónstame de primeira man).  
Lidia, parabéns pola túa labor, polo teu traballo e sobre todo, a pesar de repetirme cos teus directores, pola túa calidade humana. Péchase unha etapa pero seguro que virán novos proxectos. Parabéns a ti e parabéns aos teus directores;  Fraiz, para o que so teño boas palabras, e para Ana, que sei que tamén estivo dándoche apoio e axuda neste longo proceso.
Lidia, benvida ao selecto grupo de Doutores en Dirección e Planificación do Turismo.