A Escola Universitaria de Relacións Laborais da
Universidade de A Coruña, xunto á Facultade de Ciencias Económica e
Empresariais de Universidade de Santiago de Compostela e a Escola Superior de
Ciencias Empresariais (ESCE) de Valença do Miño pertencente á Universidade de Viana
do Castelo, están a organizar o II Encontro Internacional de Mozos
Emprendedores Universitarios previsto para os días 26 e 27 de marzo do 2015, na
Fundación Barrié de A Coruña.
O obxectivo é fomentar o emprendemento nas
universidades galegas e portuguesas, así como a colaboración internacional
entre ambos países. No programa están previstas sesións de coaching, técnicas
de comunicación expostas por grandes expertos da materia; sesións de
financiamento presentadas por directos do sector financeiro, exposición de
casos de emprendemento galegos e portugueses. Ademais, contarán coa presenza
de institucións que apoian ó emprendedor, como AJE, SECOT, Poliempreende,
Executivas Galegas, Anje, etc.; terán a exposición de proxectos de
emprendemento de mozos de Portugal e de Galicia e unha xuntanza con empresarios
galegos que seleccionarán as mellores ideas.
Todo isto nun clima de convivencia e fraternidade,
polo que os que o desexen poderán xantar e cear no hotel Riazor, así como
haberá saída nocturna hispano-lusa o xoves 26 de marzo e visita cultural polo
cidade con un guía turístico o venres 27 de marzo.
0 comentarios:
Publicar un comentario