Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

II ENCONTRO INTERNACIONAL DE MOZOS EMPRENDEDORES UNIVERSITARIOS

A Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade de A Coruña, xunto á Facultade de Ciencias Económica e Empresariais de Universidade de Santiago de Compostela e a Escola Superior de Ciencias Empresariais (ESCE) de Valença do Miño pertencente á Universidade de Viana do Castelo, están a organizar o II Encontro  Internacional de Mozos Emprendedores Universitarios previsto para os días 26 e 27 de marzo do 2015, na Fundación Barrié de A Coruña.

O obxectivo é fomentar o emprendemento nas universidades galegas e portuguesas, así como a colaboración internacional entre ambos países. No programa están previstas sesións de coaching, técnicas de comunicación expostas por grandes expertos da materia;  sesións de financiamento presentadas por directos do sector financeiro, exposición de casos de emprendemento galegos e portugueses. Ademais, contarán coa presenza de institucións que apoian ó emprendedor, como AJE, SECOT, Poliempreende, Executivas Galegas, Anje, etc.; terán a exposición de proxectos de emprendemento de mozos de Portugal e de Galicia e unha xuntanza con empresarios galegos que seleccionarán as mellores ideas.

Todo isto nun clima de convivencia e fraternidade, polo que os que o desexen poderán xantar e cear no hotel Riazor, así como  haberá saída nocturna hispano-lusa o xoves 26 de marzo e visita cultural polo cidade con un guía turístico o venres 27 de marzo.


MÁIS INFORMACIÓN: ERLAC