Data : 3 de marzo de 2011 (xoves). 16:00-18:00 h.
Lugar: Campus de Vigo. Biblioteca Central. Aula de formación
RefWorks é un xestor de bibliografía ofrecido pola Biblioteca Universitaria de Vigo e está dispoñible gratuitamente para toda a comunidade universitaria
¿Para que serve RefWorks?
Para almacenar todas aquelas referencias que vaias recompilando ó longo do teu traballo (de artigos, de páxinas web, de libros), organizalas e acceder a elas rapidamente.
Asemade, con RefWorks poderás editar, de xeito moi sinxelo, bibliografías ou inserir citas nun documento no estilo (APA, Vancouver, MLA ...) que tí elixas.
O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no teléfono 986 813843 ou enviando un correo electrónico a referencia@uvigo.es cos seguintes datos:
- nome e apelidos
- teléfono e/ou correo electrónico de contacto
- grupo da comunidade universitaria ao que pertence (docente, alumnado 3º ciclo ou mestrado, PAS ou alumnado de 1º-2º ciclo, grao).
0 comentarios:
Publicar un comentario