Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

Profesores foráneos salientan o potencial turístico de Ourense como cidade termal


"Un dos momentos máis enriquecedores na formación académica prodúcese cando é posible coñecer experiencias doutros territorios, que redimensionan os coñecementos adquiridos e modifican a visión dos temas. Este enriquecemento pode vir para o alumnado pola estancia noutras universidades pero tamén pola visita de profesores foráneos ao propio centro. É o caso do Máster en Dirección e Planificación do Turismo, onde docentes de diferentes países acoden para intercambiar coñecementos e experiencias e no que deixan constancia do potencial turístico que ten Ourense como cidade termal e de saúde.

Este máster da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, no que están matriculadas arredor de 60 persoas, ten por obxectivos formar expertos en investigación nesta área e preparar profesionais de alto nivel para a dirección e a planificación de empresas, actividades e institucións turísticas. “Agora mesmo é un máster referente no ámbito estatal e incluso internacional, a onde queren vir a adquirir experiencia investigadora e coñecementos persoas de diferentes países”, salienta José Antonio Fraiz, coordinador do máster.

Coa finalidade de fomentar a súa calidade, este ano o máster conta coa visita de profesores-investigadores de alto nivel de universidades foráneas, concretamente de México, Brasil e Portugal, ademais de docentes de universidades doutras comunidades autónomas, como Illas Baleares. Os profesores Luis Augusto Bastos, do Instituto Superior de Ciencias Empresariais e do Turismo de Porto (Portugal), e José Manoel Gándara, da Universidade Federal do Paraná (Brasil), foron dous dos docentes que este mes se achegaron a Ourense a compartir experiencias e inquedanzas co alumnado e profesorado do campus. "
Fonte: DUVI
Rosa Tedín | Ourense