Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

V FORO PROTURGA Distintivos de Calidade Turística VS Opinións Online

V FORO PROTURGA
Distintivos de Calidade Turística VS Opinións Online



Un ano máis dende PROTURGA (Profesionais do Turismo de Galicia) queren convidarvos ao seu V FORO no que abordarán a temática "Distintivos de Calidade turística VS Opinións Online" e terá lugar no Parador Hotal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela o próximo vernes 27 de outubro.

Nesta ocasión contan coa colaboración do CETUR e o patrocinio do Clúster de Turismo de Galicia. Ademais da especial  colaboración da empresa Guiados Pontevedra.

Queren, por unha banda, transmitir a perspectiva dos selos ou distintivos de calidade turística existentes en Galicia e por outra banda, saber as opinión das empresas turísticas sobre os ditintivos de calidade e as opinións on-line tanto de profesionais do sector como de turistas que visitan cada ano a nosa comunidade.

Podes consultar o programa e como inscribirte na páxina web do foro: http://proturga.org/v-foro-proturga/

É recomendable facer inscrición previa. Unha vez te incribas comproba no teu correo electrónico  (ou en spam) o email que recibirás para completar a inscripción.