PREMIOS
O número total de proxectos premiados corresponderá co número de
espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da
Universidade de Vigo:
- Campus de Vigo, 6 espazos
- Campus de Ourense, 4 espazos
- Campus de Pontevedra, 2 espazos
O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de
duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e
titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos
custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus
correspondente.
PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán presentar as súas ideas a concurso:
- Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando
estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
- Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou
posteriores.
Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan
proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos
plans de estudo da Universidade de Vigo.
Os
proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4
persoas.
PRAZO
O prazo
de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.
BASES
As
bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/
0 comentarios:
Publicar un comentario