Poñémonos en contacto, para darlles a coñecer e pregar a máxima difusión
do PLAE, “PROGRAMA LOCAL DE APOYO AL EMPLEO”. Trátase
dun conxunto de medidas e actuacións urxentes destinadas a mellorar as taxas de
inserción laboral, mediante a formación e o fomento do espírito empresarial,
axustándose ás necesidades e á realidade económica e empresarial de Ourense.
O “PROGRAMA
LOCAL DE APOYO AL EMPLEO” de Ourense está cofinanciado
polo Concello de Ourense, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense e o Fondo
Social Europeo con cargo aos fondos do Programa Operativo “Adaptabilidad y
Empleo”, do período de programación 2007-2013, asignados á Cámara de España, co
obxectivo xeral de atraer máis persoas ao mercado laboral, facendo do traballo
unha opción real para todos, fomentando a empregabilidade, a inclusión social e
a igualdade entre homes e mulleres, impulsando especialmente a integración
socio-laboral das mulleres, dos mozos, dos parados de longa duración, dos
inmigrantes, das persoas con discapacidade e daquelas en risco de exclusión do
mercado de traballo.
O Programa, iniciativa piloto no concello de Ourense, desenvolverase durante
os meses de SETEMBRO e OUTUBRO.
Para mais información, poderán consultar a páxina web do programa:
0 comentarios:
Publicar un comentario