Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

4ª edición dos Premios INCUVI

 A Universidade de Vigo, ten unha especial sensibilidade pola situación que atravesan as persoas que queren iniciar novos proxectos empresariais. Neste contexto, son poucas as persoas que, tendo una idea innovadora, se lanzan a dar os primeiros pasos cara ao emprendemento. Para fomentar este espírito emprendedor no colectivo universitario, naceu o proxecto e Pre-incubadora INCUVI. Co obxecto de estimular a participación no Campus de Ourense temos previsto realizar dúas charlas informativas sobre a Convocatoria da 4º Edición dos Premios INCUVI. Agradecemosvos que animedes a participación do alumnado das vosas facultades.

Sesion 1: Presentación da  Convocatoria da 4ª edición dos Premios INCUVI-Emprende (Ourense)
Hora: 10:00
Lugar: Salón de Graos do Edificio Xurídico Empresarial

Interveñen:
  • Virxilio Rodríguez Vázquez, Vicerreitor do Campus de Ourense – Universidade de Vigo
  • Adela Garcia-Pintos Escuder, Directora de Emprego, Universidade de Vigo
  • Luisa Pena Nieto, Directora de Administración e Finanzas da TECNÓPOLE
  • Nuria Iglesias Blanco y Angela González González, Trend On Me.
  • Victoria Rois García, Secretaria Xeral da Camara de Comercio - Ourense
  • Rubén Vázquez Mazaira, Técnico Económico, Confederación Empresarios de Ourense
  • Emma González Dieguez, Directora Adjunta EXPOURENSE
  • Lois Babarro Alen, Presidente Asociación de Jóvenes Empresarios – Ourense


Obxecto
Promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.


Destinatarios
-Alumnado actual e persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2012/13 ou posteriores.

-Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de catro persoas. Neste caso un membro do grupo actuará como coordinador.