Con data do 8 de outubro de 2014,
foron publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, as seguintes convocatorias:
-
Orde do 29 de
setembro de 2014 pola que se convocan axudas para o inicio de estudos
universitarios no curso 2014-15 nas universidades do Sistema universitario de
Galicia.
-
Orde do 29 de
setembro de 2014 pola que se convocan axudas para a matrícula nun máster
universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación
de desemprego, para o curso 2014-15.
PRAZO
DE PRESENTACIÓN de solicitudes: será dun mes contado desde o seguinte ao da
publicación destas convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
No enlace que aparece a continuación
poden obter información ao respecto:
Para dúbidas relacionadas con
dificultades técnicas ou no caso de necesidade de máis información durante o
proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica,
as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de
información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.es
Se as dúbidas están relacionadas coa
devanditas convocatorias, poderán facer as súas consultas no enderezo
electrónico orientación.sug@edu.xunta.es
Asemade,
lémbrase que o prazo para a presentación da solicitude dunha bolsa de carácter xeral
dentro da convocatoria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o
curso académico 2014-15,
para estudantes universitarios, remata o 15 de outubro de 2014.
A solicitude cúbrese e preséntase telematicamente a través do enlace http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/universidad/grado/general-universidad.html
0 comentarios:
Publicar un comentario