Este martes o Teatro Principal da cidade de Ourense acolleu a presentación do plan termal da provincia, que leva por título Ourense é a provincia termal. O documento, que é froito da iniciativa da Deputación Provincial e da Xunta de Galicia, pretende ser a folla de ruta para o desenvolvemento de todo o potencial neste eido da provincia e para conseguilo propón un centenar de actuacións arredor de cinco eixes de actuación, entre os que se atopa o coñecemento. Nel, o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, tal e como destacaron as autoridades presentes no acto, terá un papel destacado.
Máis información: DUVI
Fonte: Rosa Tedín, DUVI.
0 comentarios:
Publicar un comentario