Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

SAÍDA DE CAMPO 3 DE MARZO

Benquerid@s alumn@s :

Este sábado é a saída de campo das materias Turismo de Natureza e Ecoturismo (Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde) e de Patrimonio Natural e Ordenación do Territorio (Máster en Dirección e Planificación do Turismo, 2º ano), obrigatoria para a modalidade presencial e optativa na semipresencial. Máis abaixo tedes o programa da saída.

Como vedes, tedes que estar na facultade ás 7.45 da mañá. Non agardaremos por ninguén, dado que o programa está moi axustado e non podemos perder horas de luz.

Vide descansados e preparados para un día de canseira. Como xa vos comentamos, a nosa recomendación absoluta é que veñades con botas de montaña (altas), que non botas de goma (das de cando chove), porque o importante é que levedes suxeito o nocelo para evitar torcer o pé. De todos os xeitos, se as botas fosen novas ou volas deixasen, ide andar antes con elas para acostumar o pé. Tamén vos recomendamos calcetíns gordos.

Non está a facer moito frío (máis ben o contrario), pero subiremos case aos 1800 m, polo que pode ir frío depende como. En todo caso, se vedes que levades moito abrigo, sempre o podedes deixar no bus. Traede tamén gafas de sol e crema solar, porque o sol en altura dá máis forte.

Nestes momentos non hai nada de neve e as previsións para esta semana indican que se vai manter a situación anticiclónica, cando menos até o venres. O sábado dá probabilidade dun 60% de que poida chover (podería ser neve en altura), polo que vos recomendamos que traigades roupa de abrigo. Se queredes seguir vós mesm@s a previsión, http://www.meteogalicia.es/ (a medio prazo para O Barco ou Verín). Porén, con tantos días por diante pode variar moito.

No tocante ás comidas, teremos tempo para almorzar na lagoa, traede o almorzo de casa. Para o xantar, recomendámosvos moito que levedes bocadillo/s e que tomedes un café e/ou un refresco no Hotel O Cervo, pero non haberá tempo para o restaurante porque non temos tempo. Igualmente, non esquezades de traer líquido, nomeadamente auga. Lembrade que todo o lixo que xeredes o tedes que levar na vosa mochila, de volta até a lixeira máis próxima.

Saúdos cordiais,

Noelia e Valerià

PROGRAMA DEFINITIVO

7.45 Saída de Ourense. Bus.

10.00 Chegada á aldea da Ponte.

12.00 Subida á lagoa do Ocelo. Almorzamos arriba, pero algo rápido.

13.30 Volta á Ponte. Bus de novo.

14.00 Hora de xantar en Xares, no Hotel O Cervo.

15.30 Bus de novo. Saímos de Xares e chegada a Vilanova (algo antes das 16 h).

17.30 Campiza do Medio, pero se houbese tempo e ganas, Pico Maluro.

18.30 Vilanova de novo. Debate na Casa de Turismo Rural do Trisquel (http://www.otrisquel.com/) sobre o turismo na área de Trevinca: oportunidades e desafíos.

19.00 Volta cara a Ourense.

21.00 Hora prevista de chegada a Ourense.