Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

PROXECTO FIN DE MASTER ELEXIDO POR REDINTUR PARA SER PUBLICADO: O TURISMO CINEXÉTICO


O turismo cinexético pon o punto de mira na primeira liña do sector

O seu traballo foi un dos elixidos por REDINTUR para a súa publicación na revista 'Estudios Turísticos'


Fonte: DUVI Rosa Tedín | Ourense

O seu perfil é o dun home de entre 41 e 50 anos, con estudos universitarios e que traballa por conta propia, que se aloxa en casas de turismo rural con unha media de tres acompañantes e durante case tres días. É o turista cinexético, aquel que visita a provincia de Ourense principalmente movido pola súa afección a cazar. A investigadora Eva Rodríguez vén de analizar as súas características e o seu impacto económico na contorna nun traballo que pola súa calidade e novidade foi un dos elixidos pola Rede Interuniversitaria de Posgraos en Turismo REDINTUR para a súa publicación na revista especializada Estudios Turísticos.

“O turismo cinexético é unha actividade relativamente nova en Galicia, pois ata hai pouco tempo a caza estaba considerada unha actividade de ocio vinculada ao medio rural e un produto moi secundario na oferta turística”. Por este motivo, explica Eva Rodríguez, escolleu o tema da caza para a realización do seu traballo de fin de mestrado en Turismo na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.


Noticia completa en: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=5616&Itemid=2