Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

OPEN DAYS




Os OPEN DAYS 2011 - Evento Local da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, terán lugar os días 6, 7 e 8 de xullo de 2011, nas cidades de Vigo, Braga e Porto, respectivamente. O principal obxectivo deste evento é o de presentar algúns dos principais proxectos e actividades levadas a cabo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, tanto á cidadanía como aos representantes da Unión Europea para, deste xeito, promover a investigación, a innovación, o desenvolvemento, a mobilidade, o turismo, e as iniciativas levadas a cabo nestas áreas para fomentar un crecemento intelixente, sustentabel e integrador.
A asistencia a este evento é libre e gratuita. O rexistro pódese realizar desde a páxina web da AECT Galicia - Norte de Portugal. (http://gnpaect.eu/events/), onde poden atopar tamén o borrador do programa: http://gnpaect.eu/events/images/stories/programa-open-days-draf-castellano-24-jun.pdf