10 Novembro: Encontro Universidade Empresa
Baixo a Organización da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a rede BANG (Business Angels Network Galicia), o 10 de novembro, a partir das 17 horas, no Salón de Graos da FCETOU, desenvolverase o Encontro Universidade-Empresa, no cal poderemos asistir a:
- Workshop Interactivo. "As Chaves da venda. Mantendo alta a motivación en tempos de crise". A cargo de Eugenio Palomero, gurú da xestión estratéxica de clientes.
- "A forza da ilusión: Unha lección máxica"A través do poder comunicativo de Fernando Botella e o talento de Jorge Blass descubriremos 10 ideas forza para un mundo empresarial excelente. Nesta sesión maxistral combínanse reflexións e ilusións, mundo empresarial e maxia.
0 comentarios:
Publicar un comentario