V FORO PROTURGA
Distintivos de Calidade Turística VS Opinións Online
Un ano máis dende PROTURGA (Profesionais do Turismo de Galicia) queren convidarvos ao seu V FORO no que abordarán a temática "Distintivos de Calidade turística VS Opinións Online" e terá lugar no Parador Hotal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela o próximo vernes 27 de outubro.
Nesta ocasión contan coa colaboración do CETUR e o patrocinio do Clúster de Turismo de Galicia. Ademais da especial colaboración da empresa Guiados Pontevedra.
É recomendable facer inscrición previa. Unha vez te incribas comproba no teu correo electrónico (ou en spam) o email que recibirás para completar a inscripción.
Nesta ocasión contan coa colaboración do CETUR e o patrocinio do Clúster de Turismo de Galicia. Ademais da especial colaboración da empresa Guiados Pontevedra.
Queren, por unha banda, transmitir a perspectiva dos selos ou distintivos de calidade turística existentes en Galicia e por outra banda, saber as opinión das empresas turísticas sobre os ditintivos de calidade e as opinións on-line tanto de profesionais do sector como de turistas que visitan cada ano a nosa comunidade.
Podes consultar o programa e como inscribirte na páxina web do foro: http://proturga.org/v-foro-proturga/