Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

VII Curso de formación para informadores/as de oficinas de turismo e guías

Data de inicio: Luns, 11 de xullo de 2016
Data de remate: Venres, 15 de xullo de 2016
Cidade: A Veiga (Ourense)
Ubicación: Biblioteca do Concello da Veiga (Rúa Nova, s/n, 32360 A Veiga)
Organización: Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)

Descrición:
Cunha carga lectiva de 50 horas, o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC (CETUR) organiza o VII Curso de Formación para Informadores/as de Oficinas de Turismo e Guías que se desenvolverá en xornadas intensivas de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 en cinco días consecutivos do 11 ao 15 de xullo na Veiga (Ourense). Este formato posibilitará, a diferenza de edicións anteriores, concentrar nunha única semana o curso e, sobre todo, o desenvolvemento de 15 h de sesións prácticas nas Montañas de Trevinca que se deseñan para pór en práctica as habilidades acadadas nas aulas.
Tamén é unha novidade desta edición focalizar os contidos nunha única modalidade turística: o turismo na natureza. Preténdese deste xeito profundar nas posibilidades múltiples, tanto prácticas como empresariais, que ofrecen o sendeirismo, o montañismo e o guiado como actividades específicas de turismo na natureza en Galicia.
As persoas inscritas recibirán o correspondente certificado, homologado pola Xunta de Galicia, para o que é obrigatorio asistir como mínimo ao 85% das horas programadas.

Correo electrónico de contacto: cetur@usc.es
Teléfono de contacto : 881 816 339