Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

Convocatoria ayudas para inicio estudios universitarios

Con data do 8 de outubro de 2014, foron publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as seguintes convocatorias:

-         Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se convocan axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014-15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

-         Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se convocan axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014-15.


PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes: será dun mes contado desde o seguinte ao da publicación destas convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No enlace que aparece a continuación poden obter información ao respecto: 
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.es

Se as dúbidas están relacionadas coa devanditas convocatorias, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientación.sug@edu.xunta.es




Asemade, lémbrase que o prazo para a presentación da solicitude dunha bolsa de carácter xeral dentro da convocatoria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o curso académico 2014-15, para estudantes universitarios, remata o 15 de outubro de 2014. A solicitude cúbrese e preséntase telematicamente a través do enlace http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/universidad/grado/general-universidad.html