Master Turismo Ourense

Master en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud
Universidad de Vigo

O Campus da Auga entra na folla de ruta do plan termal da provincia

Este martes o Teatro Principal da cidade de Ourense acolleu a presentación do plan termal da provincia, que leva por título Ourense é a provincia termal. O documento, que é froito da iniciativa da Deputación Provincial e da Xunta de Galicia, pretende ser a folla de ruta para o desenvolvemento de todo o potencial neste eido da provincia e para conseguilo propón un centenar de actuacións arredor de cinco eixes de actuación, entre os que se atopa o coñecemento. Nel, o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, tal e como destacaron as autoridades presentes no acto, terá un papel destacado.

Máis información: DUVI
Fonte: Rosa Tedín, DUVI.