Adriana Rodríguez e Nahuel Malaspina son dous dos estudantes que este curso acadaron estas axudas. Ambos proceden de Arxentina, Ambos escolleron o Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde e ambos comparten as boas primeiras impresións tanto do campus coma dos estudos. “Eu estiven o ano pasado cunha estadía de investigación en Valladolid e coñecía Galicia porque fixen o Camiño de Santiago, Así que cando vin a oportunidade de virme de novo a Europa para estudar un mestrado non o dubidei. Sorprendeume moi gratamente tanto o campus como o intensa que é a actividade académica”, destacou Adriana Rodríguez. "Eu practicamente acabo de aterrizar pero estou desexando comezar xa este venres as clases", comentou Nahuel Malaspina.
Máis información: DUVI
0 comentarios:
Publicar un comentario