A Universidade de Vigo, ten unha especial
sensibilidade pola situación que atravesan as persoas que queren iniciar novos
proxectos empresariais. Neste contexto, son poucas as persoas que, tendo una
idea innovadora, se lanzan a dar os primeiros pasos cara ao emprendemento. Para
fomentar este espírito emprendedor no colectivo universitario, naceu o proxecto
e Pre-incubadora INCUVI. Co obxecto de estimular a participación no Campus de
Ourense temos previsto realizar dúas charlas informativas sobre a Convocatoria
da 4º Edición dos Premios INCUVI. Agradecemosvos que animedes a participación
do alumnado das vosas facultades.
Sesion 1: Presentación da
Convocatoria da 4ª edición dos Premios INCUVI-Emprende (Ourense)
Hora: 10:00
Lugar: Salón de Graos do
Edificio Xurídico Empresarial
Interveñen:
- Virxilio
Rodríguez Vázquez, Vicerreitor do Campus de Ourense – Universidade de Vigo
- Adela Garcia-Pintos Escuder, Directora de Emprego,
Universidade de Vigo
- Luisa
Pena Nieto, Directora de Administración e Finanzas da TECNÓPOLE
- Nuria
Iglesias Blanco y Angela González González, Trend On Me.
- Victoria Rois García, Secretaria Xeral da Camara de
Comercio - Ourense
- Rubén Vázquez Mazaira, Técnico Económico,
Confederación Empresarios de Ourense
- Emma González Dieguez, Directora Adjunta EXPOURENSE
- Lois Babarro Alen, Presidente Asociación de Jóvenes
Empresarios – Ourense
Obxecto
Promover
e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das
ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.
Destinatarios
-Alumnado
actual e persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2012/13 ou
posteriores.
-Os proxectos poderán ser
elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de catro persoas. Neste caso
un membro do grupo actuará como coordinador.